O Museo do Humor de Fene lanza un novo concurso

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Museo do Humor de Fene
Museo do Humor de Fene Ramón Loureiro

Organiza Demo Pequeno para rapaces de 8 a 16 anos

28 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial lanzan o primeiro concurso sobre banda deseñada Demo Pequeno. Poderán participar escolares galegos dende unha perspectiva de humor. O certame xa está aberto á presentación de obras e vai dirixido a rapaces de 8 a 16 anos. A participación pode ser individual ou por equipos de dúas persoas (guionista e debuxante). Valorarase “a composición do debuxo e o uso de diferentes técnicas pictóricas pero tamén a propia historia e o humor».