Cerdido celebra este sábado o seu San Martiño Literario

LA VOZ CERDIDO

CERDIDO

JOSE PARDO

O acto terá lugar na área recreativa do Castro

29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

José Vázquez Liste, Xoán Pedreira, Carmen Presedo, Edita Nogueira, José Luis Graña, Paco Vila, Santiago Rodríguez, Raquel Rodríguez e Amalia Díaz xuntaranse este sábado (18 horas), na área recreativa do Castro, no primeiro San Martiño Literario que organiza o Concello de Cerdido.

O goberno local convida á veciñanza a asistir a esta cita cultural, «un evento pioneiro na localidade, que busca poñer en valor o talento da comarca». 

O evento incluirá musica e o recitado dunha escolma de poemas algúns de creación propia e outros de diversos autores. A data foi escollida «como unha reminiscencia das festas da parroquia de San Martín de Cerdido que antigamente se celebraban na data propia do San Martiño».