Benigno Galego: «Reducimos a cero a lista de espera da axuda a domicilio»

O alcalde de Cerdido aspira a revalidar o resultado dos socialistas de hai catro anos


CERDIDO / LA VOZ

Desde o 2003 liderou a oposición e no 2015 logrou desbancar ao PP do executivo local. O socialista Benigno Galego Castro (Cerdido, 1977), funcionario, quere revalidar o resultado.

-¿Que evaluación fai destes catro anos de goberno?

-Do que máis orgullosos nos sentimos é da axuda a domicilio, que aumentamos para cubrir o servizo os 365 días do ano, reducindo a cero a lista de espera. Aí tamén se crearon novos postos de traballo. Agora estamos con Internet, a maioría dos núcleos de poboación xa teñen acceso por 4G. Mellorou moito a xestión do Concello, cando chegamos atopámonos con requerimentos de Augas de Galicia desde 2008 polas fosas sépticas municipais, que estaban sen autorización, reparámolas e solicitamos o permiso de verquidos. Mellorou o trato cos veciños, todos teñen acceso directo ao alcalde.

-Non atoparon débeda...

-A nivel económico estaba ben, pero agora está mellor, a liquidación de contas de 2018 di que temos un superávit de 257.000 euros e un remanente de 400.000, e non por mala xestión, porque fixemos obras e incorporamos 231.000 dese remanente ao presuposto deste ano (...). A Xunta discriminounos descaradamente na inversión, debería tomar nota da Deputación (...). No tema forestal, coa aplicación máis estrita da Lei de Incendios, vimos que moitas plantacións non están legais, están chegando sancións e barallamos modificar o Plan Xeral para legalizalas, e tamén para poder urbanizar o polígono industrial por fases (aínda que para que sexa viable ten que haber boas comunicacións, e o retraso da vía de altas prestacións prexudica).

-¿E para o próximo mandato?

-Queremos seguir na mesma liña, continuar con este traballo; confiamos moito no proxecto do xeoparque, cunha aposta por facer de Cerdido un sitio máis atractivo para o turismo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

Benigno Galego: «Reducimos a cero a lista de espera da axuda a domicilio»