Cedeira anima aos hostaleiros a inscribirse no certame Tapas de Outono

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

<span lang= gl >Cada establecemento ten que elaborar unha única tapa para o certame</span>
Cada establecemento ten que elaborar unha única tapa para o certame JOSE PARDO

O prazo para anotarse remata o 14 de outubro e o concurso celebrarase do 13 ao 15 de novembro

10 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Os establecementos de Cedeira teñen de prazo ata o día 14 de outubro para inscribirse na sétima edición do certame Tapas de Outono, que organiza o Concello para os días 13, 14 e 15 de novembro para «promocionar a calidade da hostalería local e dinamizar o sector». Os locais participantes deberán ofrecer as súas propostas, a tres euros, na noite do 13, o mediodía e a noite do 14 e o mediodía do domingo, cun tempo mínimo de apertura de 12.30 a 14.30 e de 20 a 22.30 horas.

Para anotarse poden enviar un wasap ao 697 479 710 ou un correo a noel.lopez@cedeira.gal. Cada negocio poderá ofrecer cunha soa tapa e o xurado será o público.