Cristian F. Caruncho presenta o seu novo cómic no Barqueiro, Cedeira, Espasante e Ferrol

LA VOZ FERROL

CEDEIRA

<span lang= gl >O autor de Couzadoiro, en Ortigueira, con exemplares do seu terceiro cómic</span>
O autor de Couzadoiro, en Ortigueira, con exemplares do seu terceiro cómic Harue Yamazawa

O autor de Couzadoiro publicou «O día de San Martiño», un western de porcos bravos co que gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada

05 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Trala presentación de onte en Cabanas, Cristian F. Caruncho ten apertada a axenda de toda a fin de semana para dar a coñecer «O día de San Martiño». É o seu novo cómic, «un western de porcos bravos».

O sábado estará no Barqueiro, Mañón, (no mercado da Feira do Marisco), ás 11; o domingo, no bar Pinzón (Cedeira), ás 12, e no Café do Tempo (Espasante, Ortigueira), ás sete da tarde; e o 12, na Fundación Artábria (Ferrol), ás 19.30.

O autor de Couzadoiro (Ortigueira) gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada con este cómic, o terceira que publica, unha autoedición. Nas presentacións agasalla a quen vaia firmar o libro cun debuxo personalizado.