
O Concello editou 400 exemplares da obra «Mares de Cedeira», ilustrada por Diego Cheda e Quique Vázquez
29 may 2024 . Actualizado a las 18:05 h.Hai un ano, o alumnado de 2.º de Primaria do CEIP Nicolás del Río, de Cedeira, estreou a obra teatral «Mares de Cedeira», escrita polo dramaturgo Carlos Labraña. E esta fin de semana presentouse o libro, nunha edición do Concello, que imprimiu 400 exemplares.
«É unha testemuña do moito talento que hai en Cedeira», subliñou a concelleira de Cultura e Educación en funcións, Ermitas García, na visita que realizou onte ao centro de ensino da localidade.
Diego Cheda e Quique Vázquez son os autores das ilustracións. García e Vázquez entregaron libros a cada participante na representación da obra e doaron outros 50 á biblioteca escolar, para uso e consulta de todo o alumnado.