Os besteiros protagonizan a rapa da Capelada, en Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CESAR TOIMIL

A Asociación San Andrés Eventos organiza o evento, co apoio do Concello

02 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A rapa da serra da Capelada celebrarase o domingo, organizada pola Asociación San Andrés Eventos, co apoio do Concello de Cedeira. Os besteiros protagonizan esta actividade, «un costume ancestral que consiste en reunir os cabalos que pastan ceibes pola serra para rexistralos, desparasitalos e cortarlles as crinas», como explican desde o Concello.

O sábado farase o rexistro e desparasitado dos animais, e haberá unha cea baile coa cantante Marisol Novo. A baixada das bestas arrincará ás dez da mañá do domingo, para levalas ata o curro e cortarlles as crinas.

A estrea da serie Rapa, rodada en Cedeira e noutros puntos, deulle un pulo a esta actividade, convertida en espectáculo desde hai moitos anos.