
O colectivo nomea nova directiva, logo de anos sen actividade
04 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación de Veciños de Régoa, en Cedeira, rexurde logo de anos de inactividade. Lino Bellón está ao fronte da directiva, con Antonio Tojeiro, Suso Carro, Camilo Casal, Alberto Serantes e Andrés Tojeiro.
«Convidamos a todos os habitantes da parroquia a participar nas actividades, que é o noso obxectivo fundamental, xunto coa reivindicación das melloras pertinentes diante dos organismos que correspondan», din.
Agradecen o traballo da anterior directa e entenden o seu cansazo, «en parte, pola falta de participación». E contan cun grupo de colaboradores «dispostos a traballar».