Entidades de Galicia e Portugal crean en Cedeira a Rede da GaliLusofonía

Buscan xuntar esforzos, coordinarse e cooperar, e destacan o potencial nos eidos económico ou institucional


CEDEIRA

Nove entidades de Galicia e Portugal e, a título individual, o escritor e profesor da USC Antom Labranha e o escritor e investigador Antón Cortizas, constituíron o domingo en Cedeira a Rede da GaliLusofonía. Foi o último acto do terceiro festival Traz outro amigo tambén, de música galega e portuguesa, organizado polo Concello cedeirense.

A organización que acaba de crearse busca «xuntar esforzos, coordinarse e cooperar na difusión de iniciativas encamiñadas a situar a Galicia no seu espazo natural lingüístico-cultural, a Lusofonía, cun grande potencial nos eidos económico ou institucional, facéndose eco dunha demanda nacida na sociedade civil», subliña Robustiano Labraña, concelleiro de Educación en funcións e tesoureiro da nova entidade, que preside Gonzalo Constela, de Ari[t]mar Galiza e Portugal.

Labraña explica que a rede celebrará unha asemblea xeral en decembro en Pontevedra e o festival da GaliLusofonía en Braga e Santiago, «ao abeiro da capitalidade cultural do Eixo Atlántico na cidade lusa, histórica capital da Gallaecia, e da celebración do Xacobeo».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Entidades de Galicia e Portugal crean en Cedeira a Rede da GaliLusofonía