En Cedeira volven a soar os cantares de aguinaldo

Os escolares do CEIP Nicolás del Río recuperan a tradición de cantar polas rúas, en vésperas do Nadal


CEDEIRA / LA VOZ

Estes días volvéronse a oír polas rúas de Cedeira os cantares de aguinaldo. Os alumnos do CEIP Nicolás del Río repartíronse en grupos, por idades; cada un aprendeu unha letra, que ensaiaron nas clases de música e nos recreos, e desde hai case unha semana saen á rúa a interpretala. O venres estiveron na praza do Concello e no fogar de maiores de Crónicas; o luns foron á praza Roxa; o martes, á praza do Peixe; onde, á Marieta; e hoxe estarán no Triqui (12.15) e no parque do Floreal (12.30). A iniciativa xurdiu hai catro anos do equipo de dinamización lingüística do colexio, «coa idea de recompilar recitados de petitorio que se empregaban nos cantares de aguinaldo [...], e derivou no que é hoxe, ir cantar o aguinaldo e recibir a cambio un regaliño, que sempre é material escolar», explica a docente Carmen Lorenzo. Desde o centro agradecen «a ilusión e o esforzo dos nenos» e a axuda das familias e de Jose de Vigo, «por acompañar á rapazada de quinto e sexto de Primaria». Cantan Volver á casa por Nadal, A luz do Nadal, Xa me tardan estes magos, O pelo roxiño e o Natal dos simples (de Xosé Afonso).

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

En Cedeira volven a soar os cantares de aguinaldo