Versos e música no Recital de Poesía en Feminino

As actividades terán lugar no patio do consistorio local, esta tarde, con entrada libre


SAN SADURNIÑO

Hoxe • 17.00 horas • Entrada libre • O segundo Recital de Poesía en Feminino promovido pola delegación municipal de Igualdade, que dirixe a nacionalista Ana Belén Breijo Gundín, encherá o patio do consistorio de versos e música. Participarán integrantes da Nova Poesía Guitírica (colectivo creado en 2015 polo 25 cabodano de Xosé María Díaz Castro, poeta de Guitiriz homenaxeado polas Letras Galegas o ano anterior), creadoras locais (Matilde Castro García, María Teresa Pouso, Mariam Arroyo, Carmen Couce e Alba Riveira) e outras poetas de Vimianzo, Betanzos, Ortigueira, Cedeira e a Terra Cha. No apartado musical, o público escoitará a Sol de Lera, piano, e a Víctor Rodríguez Troncoso, chelo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Versos e música no Recital de Poesía en Feminino