O segundo Festival de Música Galego-Portuguesa afondará na lusofonía e a lingua

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CEDIDA

Luiz Caracol, Uxía, Couple Coffee e Celina da Piedade actuarán entre 0 15 e o 17 de xuño

25 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os países de lingua portuguesa serán o eixo do segundo Festival de Música Galego-Portuguesa organizado polo Concello de Cedeira, a través das delegacións de Cultura, que coordina María Xosé Rodríguez, e Ensino, con Robustiano Labraña. Ambos quixeron reafirmar onte a compoñente reivindicativa da lingua galega que ten o festival. Celebrarase do 15 ao 17 de xuño, con música do luso Luiz Caracol, Uxía, Couple Coffee (banda de dous brasileiros residentes en Portugal) e a acordeonista lusa Celina da Piedade, «referente do canto alentejano, Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade», remarcou Labraña. O programa complétase con obradoiros de danza africana e de canto alentejano (inscrición en enrique.vazquez@cedeira.es o el WhatsApp 673 223 414) e charlas. O orzamento é de arredor de dez mil euros.