Proxección de imaxes comentadas de Rafael López Loureiro, o día 14 en Cariño

LA VOZ CARIÑO

CARIÑO

DELORENZO

Será no local social do Concello

13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O cedeirense Rafael López Loureiro proxectará e comentará unha serie de imaxes, o venres, día 14 (20 horas), baixo o título «Encolados de siluetas: arte efémera ao noroeste do Noroeste».

O autor das imaxes e da montaxe tamén presentará os cartafois «Sombras que buscan luz». Será no local social do Concello de Cariño.

Os que acudan a esta orixinal proxección poderán adquirir un exemplar desta obra de arte «clónica, personalizada».