Cariño adxudica o servizo de Envellecemento Activo por 32.186 euros

La Voz FERROL / LA VOZFERROL / LA VOZ

CARIÑO

Ramón Loureiro

As accións que se van levar a cabo están dirixidas, esencialmente, aos maiores de 65 anos

25 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cariño vén de adxudicar o servizo de Envellecemento Activo por un importe de 32.186 euros. O contrato, que terá un período de vixencia de dous anos, ten o obxectivo de desenvolver «unha serie de actividades en beneficio da poboación de maior idade para que mellore a súa calidade de vida», informa a institución municipal.

As accións que se van levar a cabo están dirixidas, esencialmente, aos maiores de 65 anos, podendo «incluírse outras de menor idade que polas súas circunstancias poidan beneficiarse delas». E inclúen, segundo informa tamén a institución municipal, a «realización de actividades de memoria, xogos, musicoterapia, bailes, excursión, roteiros e celebracións coma o Magosto, o Día da Muller Traballadora, o Entroido e o Día das Letras Galegas».

Ciclos

Estas actividades levaranse a cabo entre os meses de xaneiro e xuño e despois de setembro a decembro, suspendéndose a clase nos meses de xullo a agosto, así como durante as vacacións de Nadal, entroido e Semana Santa.