Máis de 300 persoas responderon xa á enquisa colgada en Facebook

A. F. C. CARIÑO / LA VOZ

CARIÑO

Esta é unha das bases do seu traballo de fin de grao sobre os xogos tradicionais de Cariño

26 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Abel parécelle «incrible» que nuns días responderan á enquisa que publicou na rede social Facebook máis de 300 persoas. «Foi pensada para os amigos e as súas familias, e foi un bum, ata meus pais están abraiados. Hai xente que me ofrece os seus traballos para completar a miña información...», conta, moi agradecido pola resposta dos veciños, algún incluso desde fóra de Cariño.

Entre outras cuestións, pregunta polos xogos tradicionais que coñece cada un, desde a billarda ao ché (ou chantón), a chave, as bolas, a rá, a mariola, o peón (ou buxaina), o patio da miña casa, a roda da pataca (ou alfabeto), o tira e afrouxa (ou goma) e a cucaña mariñeira.

Tamén quere saber onde aprenderon estes xogos e que importancia tiveron na súa infancia. Indaga, ademais, sobre os diferentes termos que se empregan para referirse a unha mesma práctica (incluso dentro de Cariño) ou o valor que cada un lles outorga aos xogos tradicionais, se é similar ao da música ou a gastronomía á hora de entender a historia e a cultura locais.