Os teimudos do IES Cabo Ortegal

LA VOZ CARIÑO

CARIÑO

CEDIDA

Alumnos e docentes do centro cariñés gravan unha «flashmob» ao pé do faro para o concurso da campaña de Gadis

27 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Un grupo de alumnos e varias profesores do IES Cabo Ortegal, de Cariño, amosan que son #TeimudosPerdidos a través dunha «flashmob» gravada ao pé do faro de Ortegal. Con esta peza, o centro participará no concurso Teimudos Dance Academy, promovido dentro da última campaña publicitaria de Gadis, «fusionando danza e música folk coa marabillosa contorna da vila», explican. Estudantes e docentes comparten o empeño de que todo o planeta acabe bailando muiñeira.