O BNG de Cabanas critica ao goberno popular por «baleirar de contido» a área de Igualdade

LA VOZ CABANAS

CABANAS

Actividad por la visibilidad lésbica organizada por el anterior gobierno local, en abril
Actividad por la visibilidad lésbica organizada por el anterior gobierno local, en abril CEDIDA

Reprocha ao actual executivo que só programara unha obra de teatro polo 25N e acúsao de «retroceso»

27 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O PP, ao fronte do executivo de Cabanas desde o mes de xullo, conservou a denominación das distintas áreas de goberno. Malia iso, o BNG critica que «está a baleirar de contido a Concellaría de Igualdade e LGTBI». Como proba, sinala que converteu o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemorou o sábado, «nunha cita de axenda na páxina web, co anuncio dunha obra teatral, como se fora unha actividade cultural máis».

Os nacionalistas falan de «retroceso en materia de igualdade», unha área que crearon no 2019, «e que durante os catro anos de mandato foi referente no desenvolvemento de políticas no ámbito local, nun contexto de negacionismo e banalización da violencia machista». Aluden aos «intensos» programas de actividades, con obradoiros de bo trato ás persoas maiores, abuso emocional, educación afectivo-sexual para crianzas, empoderamento feminino, novas masculinidades (para homes), actuación fronte ás violencias machistas, acoso na rúa ou autodefensa. Ademais de conferencias.

O Bloque insiste en que «os concellos teñen que estar ao carón das súas veciñas e facilitarlles recursos para detectar as violencias machistas», en palabras da edila Paula González.