
A celebración terá lugar o venres no Centro Cívico de San Martiño do Porto
29 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Venres 4 • 17.00 horas • Centro Cívico de San Martiño do Porto • A área de cultura do Concello de Cabanas presentou esta semana o programa para celebrar o Samaín.
A celebración terá lugar o vindeiro venres 4 de novembro nas instalacións do Centro Cívico de San Martiño do Porto. Entre as 17.00 e as 19.00 horas será o momento dos nenos, cunha festa con animación infantil a cargo de La Guagua e cunha merenda. Para os adultos, a partir das 23.00 horas terá lugar o baile de Samaín coa actuación de DJ Nacho. A concelleira de cultura e festas, Diana Rodríguez, destacou a colaboración do CCRD San Martiño do Porto na organización do Samaín, unha celebración que cada ano se celebra nunha parroquia distinta do concello.