Remata a mostra «Cantámola» en Cabanas, no marco do Día do Orgullo Neofalante

La Voz CABANAS / LA VOZ

CABANAS

Cedida

A exposición está formada por 14 paneis que afondan na creación musical de Galicia e en galego

24 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo do seu paso polo Concello de Cabanas, a exposición Cantámola trasladouse entre o mércores e o venres desta semana ás instalacións do CEIP Eladia Mariño, onde o equipo docente organizou visitas e diferentes actividades arredor da mostra e a unidade didáctica que a acompaña.

As actividades arredor do Día do Orgullo Neofalante, que se celebra o 1 de outubro, coincidindo coa data de nacemento do cantautor Andrés do Barro, continuarán en Cabanas nos próximos días. Entre elas, destaca a celebración dun concerto de MJ o día 3 de outubro, que se celebrará nas instalacións do CEIP Eladia Mariño. Nestas actividade traballáronse os aspectos destacados dos diferentes referentes da infancia e da mocidade, e a súa relación cos valores das linguas. Fíxose especial incidencia no fenómeno emerxente de creación musical en lingua galega como impulso do prestixio do galego.

A exposición está formada por 14 paneis que afondan na creación musical de Galicia e en galego, e o seu percorrido pola comarca está coordinado polo Servizo de Normalización Lingüística que comparten os concellos de Cabanas, Valdoviño, Ares, Mugardos e Neda. Irá ao resto de concellos nas vindeiras semanas.