Óscar Meizoso López: «As Somozas está moi acabada»

A. F. C. AS SOMOZAS / LA VOZ

AS SOMOZAS

CEDIDA

Debuta en política, ao fronte da candidatura do PSOE

18 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Óscar Meizoso (Neda, 1973), pensionista por un accidente laboral, debuta en política ao fronte da lista do PSOE. «Vexo As Somozas [onde vive desde hai máis de 20 anos] moi acabada, baixou a poboación, a industria escasea e hai veciños que non teñen emprego, quéixanse porque eles están aguantando o cheiro e os vertidos das plantas de residuos. E sen oposición é complicado obter información do Concello», apunta. Do programa subliña «o aumento das horas de asistencia a domicilio aos maiores, melloras no acceso a Internet e do sinal da televisión ou apoio ao deporte... No fútbol non se debera meter tanto».