«Desde As Pontes estase a facer un traballo excelente neste ámbito»

Isabel Fornos é a concelleira de Benestar Social


Cada vez máis mulleres acoden ao Centro de Información á Muller de As Pontes. As cifras deste ano, según confirma a concelleira de Benestar Social, Isabel Fornos, superan as de exercicios pasados.

 -¿Ata onde chega a actividade do CIM?

- O equipo de profesionais non só atende as veciñas pontesas, senón tamén doutras localidades próximas, como As Somozas, que non contan con este tipo de recursos. Sempre hai casos de concellos limítrofes. Estase a facer un traballo fantástico neste ámbito.

-¿Falta información?

-Iso pode pasar igual que noutras áreas porque, por moita información que deas, a xente non se decide a acudir. O noso CIM está aberto a todas as mulleres e deben saber que é un centro que lles pode axudar a resolver moitos dos seus problemas. Sabemos que costa decidirse, dar o primeiro paso. Non sei se por vergoña ou polo que dirán, pero segue acontecendo.

-Nun mes conmemórase o Día da Muller. ¿Que están preparando?

-Temos prevista a Semana das Mulleres nas Escolas e estamos organizando unha charla aberta para todo o pobo. Intentaremos que os veciños se mobilicen. Os problemas da muller tócannos a todos, directa ou indirectamente.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«Desde As Pontes estase a facer un traballo excelente neste ámbito»