Investigación de alumnos do Ceip A Igrexa sobre os oficios

A.F.C. AS SOMOZAS

AS SOMOZAS

No colexio de As Somozas estudan pouco máis de medio centro de rapaces de Infantil e Primaria
No colexio de As Somozas estudan pouco máis de medio centro de rapaces de Infantil e Primaria JOSÉ PARDO

03 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os alumnos do Ceip A Igrexa se converteron este ano en investigadores. Desde o comezo do curso, no centro decidiuse «realizar un traballo no que participasen todos os niveis», sinala a mestra Socorro Pita. Logo de descartar outras propostas, optaron polos oficios artesanais, moitos en risco de desaparición.

Os nenos de Infantil repartíronse: un grupo dedicouse aos cesteiros e outro aos zoqueiros. Os escolares de primeiro e segundo de Primaria indagaron sobre os carpinteiros; os de terceiro e cuarto, acerca de coireiros e zapateiros; e os de quinto e sexto elixiron os menciñeiros. «O obxectivo foi que investigasen utilizando sobre todo fondos de información orais», subliña Pita.

Os colexiais preguntaron na casa, a coñecidos e veciños para averiguar as singularidades de cada oficio. Tamén consultaron nos libros e menos en Internet, «xa que se pretendía un traballo de campo no que se implicaran ao máximo as familias». E así se cumpriu. O resultado foi exposto á comunidade educativa polos propios escolares e plasmado nun libro, «que recolle a esencia de cada traballo». Polo centro pasaron un zapateiro ou artesáns do coiro, que lles ensinaron as ferramentos, a materia prima e os seus produtos xa rematados.