O Concello recupera a iniciativa «Citas coa Historia das Pontes»

la voz

AS PONTES

As Pontes

A nova edición quere achegarse ao público máis novo a través xogos, espectáculos e outras actividades

22 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O evento do Concello das Pontes e a asociación Lembranza da Vila é unha recreación da vida daqueles que poboaron o municipio na época galaico romana. Esta nova edición quere achegarse ao público máis novo a través xogos, espectáculos e outras actividades. Comezará mañá ás 17 horas. Vicente Roca, concelleiro de Cultura, apiuntou que as orixes dos primeiros asentamentos ponteses son prehistóricos, pero existiu un de época romana no barrio coñecido como Chamoselo, e que na década de 1990 foi escavado, deixando ao descuberto estruturas asociadas a unha villae romana. Ao igual que en edicións anteriores, contarase coa participación dunha entidade de recreación histórica de Lugo, cidade que conta cunha importante festa de recreación galaico romana, como é o Arde Lucus.

Achegaranse ata As Pontes as guerreiras da raíña Boudica, a Asociación Lucus Icenas Miliatore, que amosarán ao público a panoplia dunhas guerreiras celtas, así como a historia da súa raíña e a súa loita contra a invasión romana. O acto oficial de apertura da VII Cita coa Historia das Pontes terá lugar ás 20:30 co pregón que este ano pronunciará a pontesa Mari Pajón, veciña que naceu e medrou nas rúas da Vila.