Cynthia Arias, produtora: «A feira promociona unha verdura de aquí que se está perdendo»

A. C. AS PONTES / LA VOZ

AS PONTES

ANGEL MANSO

A titular da horta ecolóxica A Leira sostén que cada vez se cociña menos, sobre todo pola xente nova

22 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A pontesa Cynthia Arias, a titular da horta ecolóxica A Leira, na parroquia do Aparral, vende a súa produción hortícola directamente ao consumidor ou a algunha tenda. E vai á Feira do Grelo: «Os nosos clientes xa compran antes, pero serve para dar a coñecer o grelo e promocionar o noso produto, unha verdura que é de aquí e que se está perdendo». Esta produtora sostén que «cada vez se cociña menos e á xente nova cústalle, ten esquecido o grelo». Cando, remarca, é un produto versátil, que non val só para o caldo e o cocido, «senón que admite moitas receitas, revoltos, cremas....».