A gañadora en Foz do Campeonato de Cata de Café de Escolas: «Gústame o café porque é algo moi creativo»

y. g. VIVEIRO/LA VOZ

AS PONTES

Pepa Losada

Lía Dans levou o primeiro premio na xornada do mércores, sendo a primeira vez que se presentaba a un concurso

14 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A alumna de primeiro de Dirección de Servicios do IES Fraga do Eume de Pontedeume (As Pontes, 1981) Lía Dans presentábase ao seu «primeiro concurso» co VIII Campionato Internaciional de Baristas de Escolas de Hostelería do mérores no IES de Foz... E gañouno!

—De onde vén a vea creativa?

—(Ri) Eu veño da decoración, pero por iso me gusta o café, porque é algo moi creativo.

—Como lle resultou a proba?

—Mellor do que pensaba; estaba insegura. Estou moi contenta!

—Que tipo de café lle gusta?

—Gustoume o que nos deron para a proba de cata, o de especialidade. Era impresionante! Eu realmente non son moi cafeteira; quero dicir, na casa encárgase meu pai de facelo pero si que para nós o café é algo importante.

—Foi unha sorpresa para min pois non son persoa de concursos nin me gusta estar diante do público. Pero foi con esforzo.