Os goles de Sanabria e de Catú dan tranquilidade ante a baixa de Beda

Agás feliz sorpresa, unha ecografía deberá desvelar a gravidade da que semella ser unha rotura fibrilar do pichichi do Arousa. Rafa Sáez dao por perdido mínimo un mes


vilagarcía / la voz

O Arousa vive o seu maior momento de esplendor na carreira de fondo que o pasado agosto iniciaba coa vista posta nos catro primeiros postos na liña de meta da Liga. Axudado polos terceiros resultados, o conxunto que dirixe Rafa Sáez mantívose no grupo cabeceiro a pesar de non conseguir facer coincidir o seu xogo cos marcadores finais no primeiro mes do novo ano, encadeando catro empates. E de volta á dinámica de vitorias, cun 3-1 sobre o As Pontes o pasado domingo sumado ao 0-1 ante o Estradense, axudado de novo pola grave dificultade que están a ter os seus rivais directos por manter a obrigada regularidade. Ao termo da vixésimo terceira xornada do campionato, o equipo de Rafa Sáez non só mantén o terceiro posto conquistado sete días antes, senón que amplía a 5 puntos o seu colchón sobre o quinto clasificado.

A incorporación na derradeira semana do mercado de inverno de Catú, de Mon e de Sanabria está a demostrarse todo un acerto desde o primeiro momento. Co central e co dianteiro centro marcando os tres tantos da remontada ao As Pontes. Un pronto paso adiante cando máis o precisaba o Arousa, incapaz ata o pasado domingo de gañar sen o concurso do seu punta de referencia, e pichichi do equipo, o brasileiro Pedro Beda. Que Sanabria, o futbolista incorporado in extremis como relevo de garantía deste último, debutase marcando, manda unha mensaxe de tranquilidade a un equipo e á súa afección que deberán afacerse a sobrevivir sen Pedro Beda a lo menos un mes.

Ese é o tempo que, no mellor dos casos, o dá por perdido o seu adestrador entendendo que o atacante sofre unha rotura de fibras no bíceps femoral da súa perna dereita. Unha sospeita da que o Arousa sairá de dúbidas nas vindeiras horas unha vez se someta o xogador a unha ecografía na zona na que o xoves sentía un pinchazo no golpeo dun balón durante o adestramento do equipo. «Pensamos que podía ser una elongación, una contractura», sinala Rafa Sáez. Pero o domingo víuse que o futbolista non podía xogar. Que a musculatura do brasileiro non avisara en ningún momento leva ao seu técnico a dar por feita a rotura de fibras. E «como con Jorge Sáez, no nos interesa apurar la recuperación. Es mejor que se pierda algún partido más, a que tenga una recaída» que poida duplicar o tempo de reaparición do xogador, salienta o preparador pontevedrés.

Con 16 máis Sidibé esta semana

O Arousa xogará esta semana o domingo pola mañá, desde as 12.30, no campo do Silva, antepenúltimo clasificado. Un partido para o que Sáez contará cos 16 xogadores xustos, incluído o xuvenil Martiñán, con Sidibé inda fóra da dinámica ligueira. Aos tres lesionados, Julio Rey e Manu Rodríguez, con dúas semanas de recuperación inda por diante, e Pedro Beda, o Arousa suma a baixa de Javi Fontán, por acumulación de tarxetas. Baixas ás que engadirá unha semana atípica, con Adrián Gómez e Róber ausentes do adestramento de mañá por xogar con Galicia fronte a Euskadi en Madrid, na fase intermedia da Copa das Rexións Uefa; e co primeiro partido da Copa Deputación tamén mañá no Monte da Vila co Anduriña (20.30). Unha cita esta última á que Sáez convocará a nove xuvenís na súa lista de 16.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os goles de Sanabria e de Catú dan tranquilidade ante a baixa de Beda