Unha vintena de profesionais sumáronse á xornada de formación en campo na granxa

O colectivo Xestión Agrogandeira e Natureza organizou o primeiro Día da Herba


AS PONTES / LA VOZ

O primeiro Día Herba organizado polo colectivo Xestión Agrogandeira e Natureza na granxa pontesa deixou un moi bo sabor de boca. Máis de 20 profesionais acudiron á chamada do colectivo. «Estamos moi satisfeitos coa resposta, non podíamos abarcar moito máis», sinalaba nos minutos previos ao inicio Xan Pouliquen. O obxectivo, indicou, era o de «ver as cousas do pastoreo na práctica». E para iso, a gandería pontesa era idónea porque, apuntou, «ten pastos en diferentes condicións e iso vainos permitir amosar o que se debe facer é o que non. Imos trasladar aos participantes o que están a facer ben e o que non». A convocatoria, aberta aos gandeiros en xeral, foi secundada de forma especial polos profesionais que de cotío traballan co grupo. Durante toda a xornada, representantes da zona de Santiago e dos municipios de Chantada ou Irixoa, entre outros, reflexionaron sobre as prácticas habituais que aplican no seu día a día. «O que buscamos é reflexionar sobre o que se fai. E a partir de aí, ofrecemos alternativas, abordamos como se pode cambiar», explicou Pouliquen. O xerme do primeiro evento deste tipo que se celebrou en As Pontes foi recollido polos gandeiros asistentes. «Despois cada un levará á casa as ideas» co obxectivo de «lograr pastor mellores e máis rendibles», resumiu.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha vintena de profesionais sumáronse á xornada de formación en campo na granxa