As Pontes acolle a primeira Xornada Feminista da vila

m.meizoso AS PONTES / LA VOZ

AS PONTES

Carmen Guerreiro

A cita busca reivindicar o papel das mulleres na sociedade pontesa

10 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Colectivo Feminista de As Pontes celebra hoxe a primeira edición dun encontro que arrancará ás 11.30 horas nas instalacións do Mercado. A Xornada Feminista iniciarase cunha ruada que mostrará o papel das mulleres pontesas.

Unha hora máis tarde, ás 12.30, a actividade trasladarase á Casa Dopeso xa que alí se procederá á lectura dun manifesto. Nese mesmo espazo, proxectarase a curtametraxe Matria. O acto contará coa presenza do propio director do traballo, o cineasta Álvaro Gago. Despois do xantar, celebrarase unha das citas máis destacadas da xornada: unha palestra feminina. Na mesa participarán a científica María de la Fuente, a sindicalista Nicolasa Castro, a educadora Sofía Riveiro, e Amaia Santamarta, da cooperativa de mulleres Bico de Grao. A primeira Xornada Feminista pontesa rematará cun recital de Luz Campello e Silvia Pardo.