Terá lugar de 12 a 13.30 horas no paseo marítimo, diante do Concello.
11 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Confraría de Pescadores de Ferrol organizará, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Ares, o día 12 de setembro unha xornada de degustación, que terá lugar de 12 a 13.30 horas no paseo marítimo, diante do Concello.
A actividade permitirá á veciñanza e ás persoas visitantes coñecer e degustar produtos procedentes da ría de Ferrol, entre eles marisco e peixe, con produto depurado na propia lonxa da Confraría.
A iniciativa forma parte dun proxecto anual iniciado no ano 2023, que leva diferentes xornadas de promoción a distintos puntos da provincia da Coruña co obxectivo de achegar á cidadanía a calidade dos produtos do mar e a profesionalidade do sector pesqueiro e marisqueiro, así como favorecer a súa promoción e comercialización.
Estas xornadas contribúen tamén a poñer en valor o traballo de pescadores e mariscadores, así como a importancia económica, social e cultural da actividade pesqueira e marisqueira nas comunidades costeiras.