Javier Varela presenta en Ares «Luces en la tormenta»

La Voz FERROL

ARES

Javier Varela coa obra
Javier Varela coa obra

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este venres, 12 de xuño, unha nova presentación literaria co foco posto en Luces en la tormenta, o libro de relatos do escritor Javier Varela. A partir das 20 horas, o autor estará xunto coa edil de Cultura, Alma Barrón, falando arredor destes textos que se vinculan coa narrativa psicolóxica, onde gran parte da acción acontece internamente nos protagonistas, respondendo ademais á pregunta de que pasa cando non te queda nada ao que aferrarte, e semella que o mundo se derruba. Que faros xorden nesas situacións vitais, e como é posible saír máis fortalecido ante estas experiencias complicadas que nos atravesan.