Ares acolle a presentación do libro de Xoán Rubia co seu gato, «Cartas a Michi»

La Voz ARES / LA VOZ

ARES

O músico e escritor Xoán Rubia.
O músico e escritor Xoán Rubia. JOSE PARDO

Será este martes na Alianza Aresana

18 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Músico, escritor e divulgador da historia da ría, Xoán Rubia pasou a pandemia relatando as súas vivencias como modo de relativizar semellante experiencia. E eses episodios aparecen no seu libro Cartas a Michi, dende o confinamento... e despois. Presentarase o martes 20 de agosto no salón de actos da Alianza Aresana. Trátase dun conxunto de epístolas dirixidas á súa gata, «pero tamén unha radiografía emocional dunha España atravesada pola pandemia».

 

Segundo explican desde o Concello de Ares, Rubia debullará o nacemento desta publicación acompañado de Ánxeles Seoane, filóloga e profesora de literatura; e Anna Agustí Farré, escritora e poeta, a partir das 20.00 horas neste acto literario que promove a Concellaría de Cultura de Ares.

Asegura a organización que «o autor mugardés desprega nesta obra atravesada polo xénero epistolar unha análise crítica e irónica do sentido nese tempo convulso da covid-19».

Esas cartas «actúan agora como un documento íntimo que recompila o vivido pola cidadanía: a preocupación, as medidas restrictivas, a dor, as picarescas…» Un cúmulo de situacións que Xoán Rubia narra á súa gatiña Michi, «como unha sorte de alter ego que escoita, atende e comprende, aunque en ocasións dubide do raciocinio e cordura dos seres humanos».