O BNG de Ares lanza unha lista para as municipais con Tino Seco

La Voz ARES / LA VOZ

ARES

Primeiro tramo da lista do BNG por Ares
Primeiro tramo da lista do BNG por Ares Cedida

O candidato á alcaldía irá acompañado de Carmen Brage, Miguel García Paz, Uxía Casteleiro e Rubén Rey

05 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Con Tino Seco como candidato á alcaldía, o BNG de Ares presentou onte o primeiro tramo da súa lista para as municipais.

No número dous irá a portavoz municipal Carmen Brage, no tres o concelleiro Miguel García Paz, no catro a técnico en coidados auxiliares de enfermería e técnico de farmacia Uxía Casteleiro, e no cinco o sociólogo Rubén Rey.