As Letras Galegas enchen a comarca de lecer e cultura

B. Antón

ARES

Ana Garcia

Numerosos concellos súmanse hoxe ás celebracións da homenaxe ao escritor Carlos Casares

17 may 2017 . Actualizado a las 12:01 h.

Música, concertos, charlas, lecturas... As Letras Galegas chegan cargadas dun sinfín de actividades este ano. E hoxe, 17 de maio -o día grande da celebración-, deixarán a súa pegada en numerosos municipios da comarca, con tributos de todo tipo para Carlos Casares, o escritor homenaxeado este ano. Velaí vai o menú de actividades:

NARÓN

Na Praza da Lectura

Tras o concerto de Caxade, na praza da Lectura continúan hoxe as celebracións polo 17 de maio. A xornada comezará ás 11.30 horas, coa estrea da obra O vendedor de fume de Os Ghazafelhos. María Faltri, cantareira de Falitriqueira, dirixirá despois una sesión de pinchadiscos con música infantil. E xa pola tarde, haberá dous citas: ás 18.00 horas comezará o espectáculo Brinca Vai, de Paco Nogueiras, no que se mistura música, lectura e expresión corporal; e ás 19.00 horas, a cantante Mari Faltri regresará a praza da Lectura xunto aos músicos Jorge Juncal e Juansy Santomé e o actor Lois Soares para presentar o musical Fantasía coas palabras. Ademais, o local da sociedade Areosa acollerá unha actuación da súa coral e da Coral Municipal de Narón las 17.30 horas e despois servirase unha queimada a todos os asistentes.

PONTEDEUME

Música e xogos populares

A Ateneo Eumés, Colectivo Terra e Airiños do Eume celebran hoxe as Letras Galegas en dous escenarios: durante todo o día haberá xogos populares na alameda, e xa pola tarde, ás 17.00 horas, o patio da Casa da Cultura acollerá un concerto das Cantareiras de Airiños do Eume e do grupo infantil Palitroke. Ademais, baixo a organización do Concello, ás 12.30 terá lugar a entrega do premio do Concurso de Contos Vila de Pontedeume na Casa Consistorial, e ás 13.00 horas, Orballo actúa na Praza Real. No local social de Boebre haberá xogos populares e inchables desde as 17.00 horas.

MOECHE

Contos e taller

O 17 de maio aterra en Moeche cunha sesión de contacontos inspirada en A galiña azul, probablemente o libro máis popular de cantos escribiu Carlos Casares para a rapazada. A actividade comeza ás 11.30 horas na Biblioteca Municipal.

ARES

Festival no Casino

No Casino Aresano celébrase esta tarde (18.30 horas) un Festival das Letras Galegas que contará con actuacións de Areas do Mar, Xábregas, a banda de gaitas Ría de Ares e a rondalla Trovadores de Ares.

SAN SADURNIÑO

Documental

O realizador Gonzalo Veloso, un dos participantes no festival audiovisual Chanfaina Lab na leva hoxe á Casa da Cultura de San Sadurniño a súa visión documental sobre a figura de Carlos Casares. Botando man das conversas coas súas amizades, constrúe un retrato da súa personalidade, pero tamén da súa faceta como escritor, editor e axente cultural no filme Contando a Carlos Casares. Ás 19.00 horas, na Casa da Cultura.