A Capela: cuatro décadas de gobiernos socialistas

ANA F. CUBA A CAPELA / LA VOZ

A CAPELA

JOSE PARDO

PSOE, Alternativa y PP se disputan la alcaldía de este municipio de 1.225 habitantes

31 may 2023 . Actualizado a las 18:27 h.

Hace cuatro años, el PSOE obtuvo el 49,08 % de los apoyos, que le valieron la mayoría absoluta en el Concello de A Capela, con cinco concejales de nueve, frente a los tres de Alternativa Independiente A Capela (AIAC) y una del PP. Manuel Meizoso López ya llevaba ocho años gobernando en minoría, desde 2011. El PSOE gobierna desde 1983.

Frenar la pérdida de población constituye uno de los mayores desafíos para quien tome las riendas del Ayuntamiento en los próximos cuatro años. En el 2000, A Capela contaba con 1.595 habitantes y hoy son 1.225, un 23 % menos. El sector agroganadero conserva peso en un municipio muy vinculado, a nivel laboral, con As Pontes, Fene y Ferrol.

Manuel Meizoso López, PSOE: «Apostamos polos servizos, sobre todo pola dependencia» 

Manuel Meizoso López, empregado de Endesa de 55 anos, leva 12 de alcalde, os primeiros oito en minoría. «Este mandato foi bastante complexo, non puido facerse todo o que pensabamos, houbo dous anos moi malos, pola pandemia e pola crise», resume. Presume de xestión económica, «con 700.000 euros de remanente e sen débeda».

—Que aspectos resalta destes anos?

—A aposta da Deputación por poñer a oficina dos fondos Next Generation na Capela, para asesorar a toda a provincia; e por poñer en marcha o centro de coworking, que está cheo de emprendedores. Tamén continuamos levándolles aos veciños os servizos básicos, estamos ampliando o que podemos a traída municipal e o saneamento. Notamos máis demanda destes servizos por parte da xente.

 

—E de cara ao futuro?

—Nestes catro anos, aos concellos pequenos vainos custar moito traballo dar mantido os servizos esenciais, alumeado, auga, vías de comunicación e saneamento. A nosa aposta é polos servizos para a xente e, sobre todo, a dependencia. Por iso hai que pedir que nos quiten a carga das competencias impropias, que temos asumido e non son nosas, e xérannos un gasto que podiamos destinar a facer outras cousas. Pero aos maiores non os podemos abandonar.

—Algún proxecto importante en marcha ou pendente?

—Temos solicitado tres proxectos de Transición Xusta. Deixáronnos fóra por un erro na validación dunha sinatura electrónica a remodelación integral da biblioteca, imos pelexar por el. Os outros son para as instalacións deportivas dos Calzados e a casa niño e o local social na antiga casa sindical. E un do IDAE, xa aprobado, para a renovación integral do pavillón do colexio. Pasan dos dous millóns de euros, e o orzamento municipal é de 1,3.

Marcos Rodríguez Calvo, AIAC: «Vemos pasotismo e propoñemos transparencia e participación» 

Marcos Rodríguez Calvo, funcionario da administración de xustiza de 49 anos, entrou na corporación no 2008 e encabeza a lista de Alternativa Independiente de A Capela desde 2015. Sostén que esta última etapa «foi a peor, polo desleixo do goberno local». «Perdéronse subvencións por tramitalas mal ou non pedilas e hai un ambiente de pasotismo e cansazo, fan o mínimo cos cartos que lles mandan a Deputación e a Xunta», critica.

O candidato á alcaldía por AIAC reprocha a falta de transparencia do actual executivo: «Non aceptaron gravar os plenos, como fan na maioría dos concellos da zona [...]. Nós pretendemos que os veciños participen na xestión municipal; temos un consello de participación veciñal e só se convoca cando lle parece ao alcalde».

Olga María Blanco Teijeiro, PP: «La desidia del gobierno es total»

Para Olga M.ª Blanco Teijeiro, ferrolana de 49 años, «la pandemia pudo condicionar, pero también es la excusa perfecta para que un concello como el de A Capela caiga en la desidia total y no haga nada». La secretaria de la conselleira de Medio Ambiente afea al PSOE «que no solicite subvenciones (de los distintos departamentos de la Xunta de Galicia) ni informe a los vecinos de las ayudas a las que tienen derecho».

«Sabemos lo que no está funcionado y lo que les pido a los vecinos es que nos den una oportunidad, somos la única alternativa con capacidad y experiencia de gestión, por trabajo, equipo y ganas». Ve prioritario retomar el Plan Xeral, «parado desde 2017», y potenciar los recursos, en especial las Fragas do Eume.