«O Museo Etnográfico non é unha creación miña, senón obra de todos»


O Museo Etnográfico da Capela leva na súa actual ubicación, na chamada Casa do Pazo, desde o 2006. Pero como tal museo xa existía desde comezos dos anos oitenta, cando naceu a raíz dunha iniciativa do colexio, que comezou, «coa participación directa dos nenos», unha colección de obxectos vencellados á vida tradicional da comarca.

-¿E cal foi o obxectivo primixenio de todo iso?

-O que pretendiamos era que os nenos non perdesen contacto coa forma de vivir dos seus avós e, en moitos casos, dos seus pais. A comezos dos anos oitenta a vida do campo xa estaba transformada por completo, da man da mecanización das granxas. E o que nós fixemos foi redescubrir unha cultura, unha forma de vivir, que estaba a piques de desaparecer.

-¿Cantas pezas ten o museo?

-O noso museo hoxe, en realidade, é unha rede que integran a Casa do Pazo propiamente dita, na que se recrea a casa rural tradicional da comarca do Eume, o Parque Etnográfico do Sesín, onde tratamos de mostrar cómo a xente se relacionaba co medio, aproveitando os recursos naturais, e por último estaría a Escola de Guitriz, espazo tamén musealizado no que se recrea unha escola de mediados do pasado século. Pero o que quero subliñar é que o Museo Etnográfico da Capela non é unha creación miña, senón obra de todos.

-A Capela segue perdendo poboación...

-Si, coma todo o mundo rural galego. E iso é algo que se ve con moita claridade na matrícula do colexio. O mundo rural perde poboación porque a xente non atopa onde traballar e ten que marchar. Aínda que pode haber outras circunstancias, como as dificultades se puxeron nalgún momento para construir viviendas novas. Pero aínda así son optimista de cara ao futuro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«O Museo Etnográfico non é unha creación miña, senón obra de todos»