«Queremos manifestar a forma pouca acertada da puntuación do prego técnico, prevalecendo o custo en vez dos medios técnicos»
06 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.FeC denuncia o «desprezo polo benestar animal» coa nova adxudicación do Refuxio de animais de Mougá. «A xestión do benestar animal e a protección da saúde pública constitúen un eixe estratéxico e unha obriga legal ineludible para as administracións locais. Coa recente adxudicación do servizo do refuxio de Mougá por parte da Mancomunidade por un importe de preto de dous millóns de euros queremos manifestar a forma pouca acertada da puntuación do prego técnico, prevalecendo o custo en vez dos medios técnicos», indican.
«Actualmente a valoración económica é o 60% e a técnica o 40% resultando á inve rsa que en anos anteriores o que indica que o importante é o gasto económico e non o benestar animal repercutindo directamente na calidade do servizo», engaden.
Por outra banda, «a entrada en vigor da Lei 7/2023, de protección dos dereitos e o benestar dos animais, supón un cambio radical no marco xurídico das administracións locais. A lei elimina a posibilidade de que os concellos decidan se interveñen ou non nas poboacións felinas».