Denuncian a cancelación da matrícula en dous ciclos a distancia do CIFP Leixa de Ferrol
FERROL
A medida afecta aos programas de Preimpresión Dixital e Promoción da Igualdade de Xénero
01 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O sindicato CIG-Ensino vén de emitir un comunicado de prensa no que denuncia que a Consellería de Educación acaba de comunIcarlle ao CIFP Leixa de Ferrol a cancelación da matrícula en dous dos seus ciclos formativos a distancia: o ciclo medio de Preimpresión Dixital e o ciclo superior de Promoción da Igualdade de Xénero.
Segundo anota o sindicato, esta decisión, notificada ás portas da adxudicación definitiva de docentes para o vindeiro curso, suporá unha merma na oferta educativa pública da comarca e un recorte no cadro de persoal do propio centro.
A organización salienta que a supresión do ciclo superior en Promoción da Igualdade de Xénero deixa á comarca de Ferrolterra sen ningunha alternativa pública para cursar estes estudos. E apunta que este programa contaba este ano con 8 matrículas formalizadas e 13 reservas, cifras que «están moi por riba doutros ciclos que manteñen a súa oferta». «A Consellaría castiga unha vez máis estes estudos tan relevantes nun momento en que é preciso cumprir a normativa da Lei de Igualdade privando ao alumnado da comarca e doutras zonas de poder cursalos», engaden dende o sindicato CIG-Ensino.