Que facer esta fin de semana: Ferrolterra, Eume e Ortegal celebran as Letras Galegas
FERROL
Conferencias, obras de teatro, concertos, presentacións literarias, obradoiros, comidas e ata roteiros se darán cita os días 15, 16 e 17 de maio
15 may 2026 . Actualizado a las 16:30 h.Os concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal prepáranse para vivir unha fin de semana chea de homenaxes a Begoña Caamaño, a autora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Conferencias, obras de teatro, concertos, presentacións literarias, obradoiros, comidas e ata roteiros se darán cita os días 15, 16 e 17 de maio para celebrar a lingua galega por todo o alto.
Letras Galegas en Ferrol
A cidade de Ferrol deseñou un completo programa de actividades para conmemorar as Letras Galegas. As propostas arrincarán este venres, 15 de maio, coa apertura da exposición ao aire libre «Ferrol nas Letras Galegas» na Praza de Armas e a mostra «Vida e obra de Rosalía de Castro» no Centro Cívico Carvalho Calero. O apartado musical tomará o relevo o sábado 16 co concerto de Amancio Prada «50 aniversario Rosalía de Castro» sobre as táboas do Teatro Jofre. Xa o domingo 17, coincidindo co día grande das letras, o Concello e a Agrupación de AAVV do Rural celebrarán o seu tradicional acto institucional a partir das 17.00 horas no local da A.VV. Mandiá. Esta sentida homenaxe a Begoña Caamaño incluirá lecturas sobre a obra da autora e as actuacións musicais do grupo As Pías e da banda de gaitas Agarimo. Para poñer o broche de ouro á xornada, o Centro Cultural Torrente Ballester albergará ás 19.30 horas un concerto gratuíto a cargo da formación Lenda Ártabra.
onde:
- Exposicións: praza de Armas e Centro Cívico Carvalho Calero
- Homenaxe a Begoña Caamaño: Local social A.VV. Mandiá
- Concerto Amancio Prada: Teatro Jofre
- Concerto Lenda Ártabra: Centro Cultural Torrente Ballester
Cando:
- Exposición ao aire libre: ata o 28 de maio
- Exposición en Carvalho Calero: ata o 25 de maio
- Concerto Amancio Prada: sábado 16, ás 20.030 horas
- Homenaxe a Begoña Caamaño: domingo 17, desde as 17.00 horas
- Concerto Lenda Ártabra: domingo 17, ás 19.30 horas
Prezo: gratis
- Concerto Amancio Prada: desde 15,60 euros
Letras Galegas en Narón
O municipio de Narón tamén se suma á gran celebración do Día das Letras Galegas coa súa programación especial «N de Narón. A festa das Letras», que terá a praza da Lectura como epicentro festivo. O público familiar poderá gozar desde as 11.30 horas do espectáculo musical O pracer do azul, cartas no vento a cargo de María Faltri, seguido ás 12.30 horas polas actuacións das Cantareiras e grupos de baile do Padroado da Cultura. Pola tarde, haberá teatro con Carabela volve aos mares da compañía Galeatro ás 17.00 horas e a actuación da Banda de Gaitas do Padroado ás 18.00 horas. Ademais, durante toda a xornada haberá xogos populares, un espazo de lectura da Biblioteca Municipal e postos de venda de libros con sinaturas de autores como José Manuel Legazpi e Ana Meilán. Para poñer o peche, o Pazo da Cultura acollerá, ás 19.00 horas, a representación da obra Ictus (Anatomía da derradeira leición de Castelao) a cargo do Grupo Chévere.
onde: Praza da Lectura e Pazo da Cultura (Narón)
Cando: Domingo 17, desde as 11.30 horas
Prezo: as entradas para o Pazo da Cultura desde 8,40 euros. 8 resto de actividades son gratuitas
Letras Galegas no CMI Unidade de Fene
O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene foi a primeira entidade galega en celebrar o Día das Letras en 1963, grazas ao impulso do poeta Xosé María Pérez Parallé. Esta fin de semana, o CMIU mantén viva esa tradición histórica cunha completa programación para celebrar a Begoña Caamaño. A programación arrinca o venres ás 20.30 horas coa representación teatral da obra Fariña, a cargo da compañía Opaí Teatro. O sábado, ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Vestiario, de Paula Currás Prada (obra gañadora do XXXVIII Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé). O acto contará coa banda sonora en directo do grupo As Pías e o seu espectáculo Tradicorda. Xa o domingo, a celebración pecharase a partir das 20.30 horas cunha conferencia sobre Begoña Caamaño impartida por Mario Regueira. De seguido, realizarase a entrega de insignias de prata aos socios da entidade, a actuación musical da Rondalla Estrelecer e, como broche final, unha tradicional queimada.
Onde: CMIU FENE
Cando:
- Teatro: venres 15, ás 20.30 horas
- Premio: sábado 16, ás 20.30 horas
- Conferencia e queimada: domingo 17, ás 20.30 horas
Precio: gratis
Contacontos para celebrar as Letras Galegas en Neda
O municipio de Neda tamén se une ás celebracións do Día das Letras Galegas cunha proposta para público infantil. A Biblioteca Municipal acollerá este sábado ao mediodía o contacontos teatralizado As letras que voan con nome de muller, a cargo da compañía Trémola Teatro. Este espectáculo para maiores de catro anos busca achegar aos máis pequenos a figura de Begoña Caamaño, autora de obras como Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul. A través das palabras, a obra relatará historias de mulleres fortes e soñadoras, rendendo homenaxe tanto á protagonista deste ano como ás outras seis escritoras que foron recoñecidas pola Real Academia Galega en edicións anteriores do 17 de maio.
Onde: Biblioteca municipal de Neda
Cando: Sábado 16, ás 12.00 horas
Prezo: gratis
Letras Galegas en Mugardos
O municipio de Mugardos celebrará o Día das Letras Galegas cunha completa xornada festiva e cultural que conta coa participación da Asociación Cultural Apelón Educación. A programación matutina arrincará ás 11.30 horas cun entretido obradoiro de baile galego, seguido da lectura pública prevista para as 13.00 horas, onde tamén se repartirán globos e marcapáxinas conmemorativos entre as persoas asistentes. Ás 13.30 horas chegará un dos pratos fortes co concerto en directo do grupo As Pías. Tras a música, a celebración continuará cun tradicional xantar de irmandade ás 15.00 horas, para finalizar pola tarde cunha divertida sesión de xogos populares a partir das 17.30 horas.
Onde: O Ratón (Mugardos)
Cando: Domingo 17, desde as 11.30 horas
Prezo: gratis
Letras Galegas en Ares
O municipio de Ares súmase á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado a Begoña Caamaño, cunha proposta lúdica e gastronómica pensada para toda a familia. O prato forte da súa programación chegará este sábado 16 de maio coa celebración da II Festa das Letras Galegas, impulsada pola Comisión de Festas do San Roque coa colaboración do Concello e da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A Praza da Constitución acollerá esta xornada festiva que arrincará ás 13.00 horas cunha animada sesión vermú amenizada polo grupo de gaitas Trouleada. Durante o mediodía, as persoas asistentes poderán gozar de comida tradicional coa venda de racións de arroz caldoso, callos, patacas á rioxana, hamburguesas e postres caseiros. Xa pola tarde, ás 18.30 horas, chegará o momento máis agardado polas crianzas da casa co espectáculo musical de Pakolas, que ofrecerá un divertido concerto de rock infantil e familiar. A partir das 19.00 horas retomarase o servizo de hamburguesas e bebida para continuar coa festa e a convivencia veciñal. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a actividade trasladarase ás instalacións do Mercado Municipal de Ares.
Onde: Praza da Constitución de Ares
Cando: Sábado, 16 de maio
Prezo: O acceso á praza e ao concerto é de entrada libre (a comida e a bebida venderanse por parte da organización)
Comeza o Mes das Letras en Moeche
O concello de Moeche suma este ano unha programación propia polo Mes das Letras que combinará artesanía, patrimonio, literatura e teatro durante a xornada do sábado 16 de maio. As actividades comezarán pola mañá no Mercado municipal, onde se sortearán varios exemplares das obras de Begoña Caamaño entre as persoas que se acheguen a facer as súas compras. Tamén pola mañá, o Castelo de Moeche inaugurará unha exposición de pezas de artesanía en madeira de Juan Carlos Caaveiro Luaces, que se poderá visitar ata o 16 de xuño. Ás 12.30 horas, a antropóloga e arqueóloga Ana Filgueiras ofrecerá a conferencia Os hórreos: altares do vento. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, o Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade acollerá a representación da obra infantil Iriña bailarina, da compañía Teatro Ghazafelhos.
Onde: Mercado municipal, Castelo de Moeche e Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade
Cando: Sábado, 16 de maio
Prezo: Entrada libre
Lecturas de Begoña Caamaño en As Somozas
O municipio das Somozas súmase á celebración do Día das Letras Galegas rendendo unha homenaxe especial á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Para conmemorar o seu legado, a Axencia de Lectura Municipal organiza unha lectura pública este venres, na que se convida a toda a veciñanza a participar e compartir fragmentos da obra da autora homenaxeada, así como outros textos significativos da literatura galega.
Onde: Axencia de Lectura Municipal (As Somozas).
Cando: Venres 15, ás 18.00 horas
Prezo: De balde
Charla e concerto polas Letras Galegas en Valdoviño
O Concello de Valdoviño continúa coa celebración do Día das Letras Galegas con dúas citas moi especiais. Por un lado, baixo o título «Begoña Caamaño estivo aquí!», a biblioteca municipal acollerá este venres unha charla a cargo da mestra e directora de teatro Pim Patinho, quen mantivo unha relación de amizade coa autora homenaxeada. Durante o encontro, repasará a visita que a xornalista e escritora realizou á localidade no ano 2012 para presentar o seu libro Morgana en Esmelle, afondando tamén na súa faceta máis activista, o seu papel dentro do feminismo e a súa loita pola igualdade. Ademais, o acto contará coa actuación musical do dúo Maio, integrado por Lorena Hermida e Jorge Casas.
Por outro lado, o domingo 17 de maio o protagonismo pasará á música de raíz co concerto da formación folk Encrucillada. O grupo regresa ao municipio para celebrar os seus dez anos de traxectoria, ofrecendo un directo vivo e participativo. Durante o recital repasarán os temas dos seus discos Marbán e !De Volta!, nunha actuación onde as percusións, as gaitas e o acordeón acompañarán ás voces de Elena Díaz e Xoán Padín. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cultural Rosalía de Vilaboa.
onde:
- Charla: Biblioteca municipal
- Concerto: área recreativa das Forcadas
Cando:
- charla: Venres 15, ás 19.30 horas
-Concerto: Domingo 17, ás 20.00 horas
Prezo: gratis
Música e tradición para celebrar as Letras Galegas en Cerdido
Cerdido se suma ás celebracións das Letras Galegas este sábado, 16 de maio, coa música e coa tradición da man de Mallou. A partir das 19:00 horas, a Área Recreativa do Castro encherase de bo ambiente coa súa actuación Cantares na Terra. Ademais, no mesmo lugar, terá lugar a entrega dos premios da categoría de adultos do concurso de contos.
Onde: Área Recreativa do Castro
Cando: Sábado, 16 de maio, ás 19.00 horas
Prezo: gratis
Concerto para celebrar as Letras Galegas en Ortigueira
O Concello de Ortigueira únese ás celebracións das Letras Galegas 2026, dedicadas a Begoña Caamaño, cunha destacada cita musical no corazón da vila. O histórico Teatro da Beneficencia será o escenario dun concerto especial que contará coas actuacións do alumnado de Ricardo M. Mouriño Freire e do Conxunto Vocal. A proposta busca honrar a cultura e a lingua galegas a través dunha tarde de música e emoción dedicada á memoria da autora homenaxeada.
Onde: Teatro da Beneficencia (Ortigueira)
Cando: Venres, 15 de maio, ás 19:30 horas
Prezo: Acceso libre
Día das Letras Galegas en Mañón
O Concello de Mañón súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e activista Begoña Caamaño, con diferentes propostas impulsadas polo seu departamento de cultura que se estenderán ata a semana que vén. Para esta fin de semana, a axenda destaca a proxección do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul, unha peza audiovisual elaborada pola Real Academia Galega que se poderá gozar o venres 15 de maio. Ademais, durante estes días a veciñanza poderá seguir visitando a exposición centrada na vida e obra da autora homenaxeada, instalada na sala de actividades da biblioteca.
onde:
- Proxección: Centro Sociocomunitario do Barqueiro
- exposición: Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro
Cando:
- Proxección: Viernes 15, ás 19.00 horas
- exposición: Lunes, mércores e xoves de 16.00 a 20.00 horas; Martes e venres de 10.00 a 14.00 horas
Prezo: gratis
Letras Galegas en Cabanas
Cabanas súmase á celebración do Día das Letras Galegas con varias propostas. O domingo 17, día grande, a música tomará as rúas desde as 11.00 horas cun animado pasarrúas a cargo da formación Os Viqueiras de Ordes, que percorrerá diferentes locais de hostalaría e comercios do municipio. De forma simultánea, entre as 11.00 e as 13.30 horas, o Parque do Areal acollerá diferentes obradoiros infantís de pintura, creación e poesía («As letras» e «Poemar mar»), que contarán coa participación da Asociación Cabanas-Iris e nos que haberá unha pequena merenda para os nenos e nenas asistentes. En caso de choiva, os obradoiros do domingo trasladaranse á Casa da Cultura (antiga Escola Laica). Ademais, o colectivo Tarde Piache organiza unha proxección da peza audiovisual Sen Alma, unha longametraxe fantástica dirixida por Iria Barrado, este venres con entrada libre.
onde: Parque do Areal, rúas e locales de Cabanas
Cando: Domingo 17 de maio
Prezo: acceso libre
Pontedeume celebras as Letras Galegas 2026
O Concello de Pontedeume organiza unha completa axenda cultural para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicada este ano á figura de Begoña Caamaño. A programación comeza o venres, ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal, cun obradoiro de ilustración e cómic impartido por Antón Romero (actividade con prazas limitadas que require inscrición previa na biblioteca). O sábado, a xornada comezará ás 12.30 horas cun animado pasarrúas pola vila a cargo do grupo Orballo. Xa pola noite, ás 20.45 horas, a Igrexa de Santiago acollerá o concerto Pontedeume canta ás Letras Galegas, que contará coas actuacións do Coro de Cámara Alba de Pontedeume e da Coral Polifónica de Ares. O día grande das letras arrincará ás 11.00 horas no Salón de Plenos do Concello coa entrega de premios do VIII Certame Literario de Poesía e Microrrelato. Como peche, ás 12.00 horas, realizarase un roteiro artístico-cultural con saída dende os Xardíns de Lombardero.
Onde:
- Obradoiro: biblioteca municipal
- pasarrúas: rúas de pontedeume
- concerto: Igrexa de Santiago
- premios: Salón de Plenos
- Roteiro: Xardíns de Lombardero
Cando:
- Obradoiro: venres 15, ás 18.00 horas
- pasarrúas: sábado 16, ás 12.30 horas
- concerto: sábado 16, ás 20.45 horas
- premios: domingo 17, ás 11.00 horas
- Roteiro: domingo 17, ás 12.00 horas
Prezo: Acceso de balde
Festival e concerto das Letras Galegas en As Pontes
O municipio das Pontes celebra o Día das Letras Galegas cunha dobre cita que pon en valor o talento musical local e a tradición oral da vila. Por un lado, o Cine Alovi será o escenario dun concerto especial que reunirá á Banda Xuvenil e á Banda Cultural das Pontes, o sábado ás 19.00 horas. Polo outro, o Liceo Recreativo e Artístico das Pontes organiza o domingo un festival que combina a música de rondalla coas historias locais. Participarán a Rondalla Agrupación Artística Nas Ondas do Mar e a Rondalla Vila de As Pontes. Ademais, o programa inclúe unha charla titulada As lendas pontesas, impartida por D. José López Ferro.
Onde:
- Concerto: cine alovi
- Festival: Liceo Recreativo e Artístico
Cando:
- Concerto: Sábado 16, ás 19.00 horas
- Festival: Sábado 17, ás 19.00 horas
Prezo: de balde
Letras Galegas no CIRS de Cervás
O Centro Instructivo, Recreativo e Social (CIRS) de Cervás, en Ares, prepárase para vivir unha intensa fin de semana de actos conmemorativos polo Día das Letras Galegas, centrados na figura e na obra de Begoña Caamaño. A programación arrincará o venres no seu local coa proxección do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul, unha peza audiovisual promovida pola Real Academia Galega. A xornada do sábado abrirase ás 12.00 horas cun obradoiro de debuxo para maiores de cinco anos. A música tomará o relevo a partir das 13.30 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo Vai Rañala Meu, que servirá de antesala para o clásico xantar de confraternidade que a entidade celebra cada ano por estas datas.
onde: CIRS de Cervás (Ares)
Cando:
- Documental: viernes 15, ás 20.00 horas
- obradoiros, sesión vermú e comida: sábado 16, desde as 12.00 horas
Prezo: gratis
Actuación das Cantareiras Xirifeiras en San Valentín
O CPS San Valentín tamén se suma á programación especial polo Día das Letras Galegas no municipio fenés, apostando pola música de raíz para festexar esta data. O recinto acollerá unha actuación en directo das Cantareiras Xirifeiras, pertencentes á histórica agrupación Airiños de Fene, que serán as encargadas de poñer a nota musical tradicional á xornada do sábado para homenaxear a nosa lingua e a nosa cultura.
Onde: CPS San Valentín (Fene)
Cando: Sábado, 16 de maio, ás 12.30 horas
Prezo: gratis
Música e comida polas Letras Galegas en Magalofes
O Local Social de Magalofes (A.VV. San Xurxo), en Fene, súmase á celebración das Letras Galegas cunha programación que servirá, ademais, como broche á súa semana cultural. As actividades comezarán o venres con música coral da man do Grupo de Canto da Liga de Amigos de Barallobre. O domingo, día grande das letras, a partir das 14.00 horas celebrarase un xantar veciñal de convivencia cun menú a base de paella de peixe e marisco. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o acto de clausura da semana cultural, que contará coa actuación da Escola de Baile e Cantareiras de Airiños de Fene.
Onde: Local Social de Magalofes
Cando:
- concierto coral: venres 15
- acto de clausura: domingo 17, 17.00 horas
Prezo: gratis, excepto a comida
Festa das Letras Galegas en el bar O Son de Cociña de Fene
O Bar O Son de Cociña, un establecemento que é todo un referente musical en Perlío, acollerá a segunda actuación do Grupo As Pías. A partir das 22.00 horas, as persoas asistentes están convidadas a bailar, tocar, cantar e, sobre todo, pasalo ben celebrando a cultura galega con música en directo.
onde: bar O Son de Cociña (Avda. Marques de Figuera 73, Perlío)
Cando: Sábado 19, ás 22.00 horas
Prezo: de balde
Concerto polas Letras Galegas en Canido
O Centro Cívico de Canido acollerá este sábado un concerto moi especial centrado en poñer en valor a música na nosa lingua. O recital ofrecerá un percorrido sonoro a través de versións de artistas e agrupacións tan recoñecidas como Tanxugueiras, Valeria Castro, Sabela, Sés, Berrogüeto, Luís Emilio Batallán, Dulce Pontes, A Banda da Loba, Luar Na Lubre, iAlma e Fillas de Cassandra.
Onde: Centro Cívico de Canido (Ferrol).
Cando: Sábado, 16 de maio, ás 18:00 horas
Prezo: De balde
Danza en el Teatro Jofre con «Transeúnte»
El Teatro Jofre de Ferrol acoge este viernes el espectáculo de danza Transeúnte, una creación del coreógrafo Daniel Rodríguez. La obra, que cuenta con cinco nominaciones a los prestigiosos Premios MAX, ofrece una reflexión sobre el vínculo entre las nuevas generaciones y la tradición en un contexto marcado por la tecnología y la globalización. Con una puesta en escena que funde la danza contemporánea con el folclore y el canto tradicional, la pieza cuenta con la música en directo de Aida Tarrío (Tanxugueiras) y Artur Puga (Mondra), además de cuatro bailarines sobre las tablas. El espectáculo tiene una duración aproximada de 50 minutos y las entradas pueden adquirirse desde 8 euros en la taquilla del teatro o a través de Ataquilla.
Dónde: Teatro Jofre (Ferrol)
Cuándo: Viernes, 15 de mayo, a las 20:30 horas
Precio: Desde 8 euros
Concurso de tapas y exposición de modelismo naval en Pontedeume
Pontedeume se prepara para un fin de semana festivo de lo más movido. A la programación oficial de las Letras Galegas, se suma la Exposición de Modelismo Naval e Radiocontrol organizada por la asociación de Modelismonaval y RC con motivo de las propia celebración de las Letras. La urbanización Olmo, donde muchos vecinos fueron trabajadores de los astilleros de Astano y Bazán (ahora Navantia), acogerá la muestra del 15 al 17 de mayo. La actividad sirve como homenaje para todas aquellos trabajadores que «contribuíron non só ao crecemento industrial da ría, senón tamén á identidade social e humana da vila». Se podrá visitar el viernes de 18.00 a 20.00 horas y tanto el sábado como el domingo, de 12.30 a 14.30 horas. Además, continúa en marcha el certamen culinario PonteDPinchos. Participan Fubolin, Postrería, 15600, A Cociña, Varadoiro, Stollen, O que faltaba, Río Covés, Ciaboga, La Gorda, Touporroutou y A Tasca do Eume.
Dónde:
- Modelismo naval: urbanización olmos
- Concurso de Pinchos: locales de hostelería
Cuándo: del 15 al 17 de mayo
Precio:
- Modelismo naval: gratis
- Concurso de Pinchos: en función de la consumición
Touriñán y Perdomo en el Pazo da Cultura
Tras el éxito de Corentena y Corentena-Game Over, los humoristas Xosé A. Touriñán y David Perdomo regresan con su pareja más peligrosa: el amor. Amoriños es un espectáculo de citas locas, pasiones imposibles y personajes que no deberían juntarse… pero se juntan igual. Un First Dates a la gallega con humor salvaje y mucho corazón.
Dónde: Pazo da Cultura (Narón)
Cuándo: Sábado, 16 de mayo de 2026, a las 18:30 y a las 21:00 horas
Precio: Desde 15,50 euros
Día de los Museos en Caldoval
El Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos, conmemora el Día Internacional de los Museos este domingo 17 de mayo con una programación especial pensada para disfrutar en familia. El yacimiento romano ofrecerá dos propuestas diferentes. Por un lado, se organizará una actividad inmersiva sobre el comercio en la Antigua Roma bajo el título «Fai a compra no mercado romano», a las 11.30 y a las 17.30 horas. Por otro lado, las instalaciones acogerán visitas guiadas a los restos arqueológicos, a las 12.30 y a las 18.30 horas que, según adelanta la organización, contarán con algunas sorpresas para los asistentes. Las dos propuestas son totalmente gratuitas, pero es necesario reservar plaza previamente enviando un correo electrónico a la dirección info@museocaldoval.gal.
Dónde: Yacimiento romano de Caldoval (Mugardos)
Cuándo: Domingo, 17 de mayo
Precio: gratis
Concierto de Nuevo Plan en el Clandestino
El grupo ferrolano Nuevo Plan ofrecerá un concierto especial con motivo del Día das Letras Galegas el próximo domingo, 17 de mayo. Será en formato de sesión vermú y terndá lugar a partir de las 14.00 horas en la terraza de Clandestino Urban Food en Narón. Durante la actuación, la banda hará un repaso por los grandes clásicos de la música nacional de los años 80. Un directo pensado para disfrutar de la mejor música en vivo en un ambiente festivo, familiar y al aire libre. Además, los asistentes podrán acompañar la actuación con pinchos variados.
Dónde: terraza de Clandestino Urban Food (Narón)
Fecha: Domingo 17, a las 14.00 horas
Precio: Entrada libre
Festas da Ascensión en Centroña
La parroquia de Centroña, en Pontedeume, se prepara para celebrar sus Festas da Ascensión con un completo programa que se extenderá todo el fin de semana. Las celebraciones arrancarán el viernes, 15 de mayo, a partir de las 20.30 horas con una gran churrascada popular, que dará paso a una verbena amenizada por las orquestas Maracuyá y Panamá. El sábado 16, la fiesta continuará desde las 13.30 horas con una sesión vermú y tardeo a cargo del grupo Dilema, acompañada después de una paellada para todos los asistentes. Finalmente, el domingo 17 se pondrá el broche de oro con una última sesión vermú a partir de las 13.00 horas, musicalizada por la propia comisión de fiestas, y una misa solemne a las 13.15 horas.
Dónde: Parroquia de Centroña (Pontedeume)
Cuándo: Del viernes 15 al domingo 17 de mayo
Precio: Acceso libre a las actuaciones. La churrascada cuesta 15 euros y la paellada de 12 euros
Fiestas de San Isidro en Cedeira
La parroquia de Esteiro, en Cedeira, celebra este fin de semana sus fiestas en honor a San Isidro. Los festejos arrancarán este viernes 15 de mayo a partir de las 22:30 horas con una verbena amenizada por el Grupo Punto Clave y DJ Wenry. La jornadas del sábado 16 empezará con una sesión vermú con el dúo Venegüay y culminará con una «festa rachada», desde las 22.30 horas, de la mano del propio dúo Venegüay y la Orquesta Los Coleguitas. El broche llegará el domingo 17 con el Día del Niño, una jornada en la que los más pequeños serán los protagonistas gracias a las diversas atracciones instaladas en el recinto festivo.
Dónde: Parroquia de esteiro (cedeira)
Cuándo: Del viernes 15 al domingo 17 de mayo
Precio: Acceso libre
Romería de San Isidro en As Somozas
As Somozas también vivirá su día en honor a San Isidro este sábado, 16 de mayo, con una romería que combina tradición y gastronomía. Tras la misa de las 13.30 y la tirada de cohetes, los asistentes podrán disfrutar de una sesión vermú con el Grupo Rubí y una comida popular con un menú de empanada, pulpo y carne al caldero (el plazo para reservar el menú finalizó el pasado día 13). La cita se cerrará con una fiesta nocturna de la mano del Grupo Rubí y Tocata Xou.
Dónde: as somozas
Cuándo: sábado 16 de mayo
Precio: Acceso libre y menú por 30 euros
Fiestas de San Isidro en Neda
También en el lugar de Os Pazos, en Neda, celebran este fin de semana sus fiestas en honor a San Isidro. Comenzarán el viernes con una gran verbena a cargo del grupo Fania Blanco Show y disco móvil Sonorama. El sábado 16, el día arrancará con pasacalles y gaiteiros y a las 14.00 horas tendrá lugar la sesión vermú con la orquesta Salsarena, formación que además pondrá música a la verbena junto disco móvil Sonorama. Ya el domingo 17, a las 11.30 horas se oficiará la misa solemne en honor a San Isidro, seguida de una sesión vermú larga con el grupo La Bamba.
Dónde: Os Pazos, en Neda
Cuándo: Del viernes 15 al domingo 17 de mayo
Precio: Acceso libre
Festa da Ascensión en Meirás
La parroquia de Meirás, en el municipio de Valdoviño, celebra este sábado su fiesnta en honor a la Virxe da Ascensión. Los actos comenzarán con la misa en la capilla do Bo Xesús, a las 12.30 horas, seguida de una sesión vermú a cargo del grupo Pasión, que además animará la verbena de la noche en una velada donde también se dará cita la formación Cayena.
Dónde: meirás, en valdoviño
Cuándo: sábado, 16 de mayo
Precio: Acceso libre