Touriñán e Carlos Blanco chegan hoxe á súa cuarta sesión de «Somos criminais e punto final»

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Touriñán e Carlos Blanco, con  Somos criminais e punto final
Touriñán e Carlos Blanco, con Somos criminais e punto final MARTINA MISER

A última representación será de novo no Pazo da Cultura de Narón

19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O espectáculo con máis éxito de público en Galicia dos últimos anos chegou esta fin de semana a Narón. E este domingo Somos criminais e punto final acada a súa cuarta e última sesión, despois da primeira do venres e a dobre do sábado. Os protagonistas Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco, cun texto dirixido polo naronés José Luis Prieto, lograron no Pazo da Cultura un clamoroso triunfo en canto a venda de entradas.

 

O argumento, que poderá gozarse por última vez hoxe ás 18.00 horas, parte da seguinte premisa: «Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida». 

O espectáculo chegou a Ferrolterra tras recibir miles de aplausos por toda Galicia.