O escritor e xornalista Ramón Loureiro falou da cultura rural para alumnado da UNED Sénior

LA VOZ MONFERO

FERROL

U.S.C.

Acudiu convidado por Luís A. Rodríguez Patiño, sacerdote e titor de Historia nesta universidade

11 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Medio cento de alumnos de Historia da Universidade de Educación a Distancia (UNED) Sénior de A Coruña asistiron á conferencia que ofreceu o escritor e xornalista de La Voz de Galicia Ramón Loureiro, onte no restaurante A Gurita, no concello de Paderne. Había xente de Monfero, Xermade, Paderne, Betanzos e outros municipios da zona.

Entre eles estaba o sacerdote Luís A. Rodríguez Patiño, en calidade de titor da materia de Historia da UNED Sénior da Coruña. Loureiro conversou sobre a cultural rural e as súas xentes, nun coloquio co alumnado. Tratou, entre outras cuestións, a importancia de «manter vivo o hábito de contar historias ao calor do lume do fogar».

O organizador deste encontro referiuse ao poñente, Premio Julio Camba, coma «unha das figuras centrais da narrativa hispana actual». O autor de Las galeras de Normandía falou do seu universo literario e do seu «fondo» respecto polas xentes do rural.