Un tartar de langostinos, a tapa creativa máis votada no concurso de Fene

La Voz FENE / LA VOZ

FERROL

Por aclamación tanto na votación popular como na do xurado a cafetería Pachamama foi a gañadora do certame

15 jun 2024 . Actualizado a las 08:40 h.

Por aclamación tanto na votación popular como na do xurado, o tartar de langostinos da cafetería Pachamama foi a gañadora na categoría de tapa creativa dentro do XIV Concurso de Tapas de Fene. En petiscos tradicionais, a gañadora foi O Sol da Cociña creada polo establecemento do mesmo nome. E na votación popular gañaron os crepes de peixe e marisco da cafetería Bombay.

En total, recolléronse 3.348 tarxetas de clientes nos establecementos participantes. E 187 persoas conseguiron completar o pasaporte Fenerruta, polo que acreditaron ter probado todas as tapas do concurso.

A entrega de premios foi celebrada este venres pola concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira. Participaron nove locais e o evento tamén serviu para probar as distintas elaboracións gastronómicas a concurso.