Ledicia Costas presentará o seu novo libro «Pel de Cordeiro» este venres en Ferrol
FERROL

A recoñecida escritora estará na Central Librera da rúa Dolores, con Fran Alonso e Marcos Lorenzo
23 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Unha das escritoras máis recoñecidas e supervendas de Galicia como é Ledicia Costas presentará este venres o seu novo libro en Ferrol. Pel de Cordeiro amosarase ao seu público nun acto que terá lugar ás 19.30 horas na Central Librera da rúa Dolores. Coa autora estarán o director de Edicións Xerais, Fran Alonso; xunto co xestor cultural e tamén escritor, Marcos Lorenzo.
Desde Xerais indican que a novela estaba sendo agardada «por máis de 30.000 lectores». A cifra fai referencia ao número de exemplares vendidos do seu Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil: Escarlatina, a cociñeira defunta.
O libro promete «xogar coas expectativas dos lectores, con grandes doses de fantasía». E conecta as vidas da bruxa Catalina e a contemporánea Lola, con dous séculos de distancia, a través dunha apocalipse persoal.