Xosé Fernández presenta «Aínda que te agoches» na biblioteca de Narón

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Biblioteca de Narón
Biblioteca de Narón CESAR TOIMIL

O acto celébrase este venres ás 18.30 horas

23 feb 2024 . Actualizado a las 00:13 h.

Xosé Fernández, escritor de San Sadurniño, presentará este venres a súa primeira novela Aínda que te agoches na biblioteca municipal de Narón.

Con el estará a autora naronesa María Isabel Ramos Breijo, a partir das 18.30 horas. Este libro (Medulia Editorial) ten catro partes independentes pero todas centradas no ámbito social, «e con paisaxes da nosa contorna que nos serán fáciles de identificar», segundo indicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro.

O autor tamén é poeta, e anteriormente publicou outras novelas.