
Ao longo da fin de semana, tamén irá por Neda, Cedeira e Valdoviño
18 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.No parque de Freixeiro a partir das 21.30 horas, iniciarase este xoves o festival Jazz de Ría. A sétima edición chega organizada polos Concellos de Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira. E a primeira cita será nese parque naronés, aínda que en caso de choiva pasaría ao Pazo da Cultura.
Nesa primeira xornada actuarán o guitarrista flamenco Josemi Carmona e o saxofonista Jorge Pardo, que estarán acompañados polo pianista galego Moisés Fernández. O sábado haberá unha gran romaría swing durante toda a xornada no parque de Freixeiro, que empezará ao mediodía cunha sesión vermú de Stompy Seven Jass Band reinterpretando os clásicos do jazz de Nova Orleáns.
O domingo o Jazz de Ría irá entre Neda e Cedeira, e o luns pechará en Valdoviño co roteiro Balcóns ao Atlántico.