A explosión creativa de Pamen Pereira entra na Real Academia de Belas Artes

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida FERROL / LA VOZ

FERROL

A artista Pamen Pereira cunha das súas creacións
A artista Pamen Pereira cunha das súas creacións Cedida

Ingresa hoxe como académica numeraria da Sección de Escultura

27 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Demasiado cerca, demasiado lonxe. O nome do discurso di todo e máis sobre a explosión creativa da artista ferrolá Pamen Pereira, que hoxe ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes como académica numeraria da Sección de Escultura. A RAGBA celebra por parte de Pereira a súa «elección radical dun modo de vida, é dicir, a vida como principal gabinete de traballo». Desde 1986, expón en galerías de todo o mundo: desde Suíza a Xapón ou Irán.

Durante longas tempadas residiu en Tanzania, Antártida ou o Sáhara. E as súas recoñecibles instalacións, como as emblemáticas anduriñas, tamén pasaron por Ferrol. Na súa obra avanza como constante «a forte identificación coa cultura oriental, especialmente coa sabedoría da vella filosofía zen». Pero tamén é unha apaixoada de África, onde segundo Pamen Pereira «todo é presente continuo, exaltación vital e á vez un recordatorio do complexos, fráxiles, finitos e irrepetibles que somos».

En 2020, a artista de Ferrol fundou a JAADA: unha entidade sen ánimo de licro para axudar ás nenas e nenos de Bagamoyo, cidade de Tanzania.