A Semana da Poesía Salvaxe inicia hoxe a súa última edición por falta de apoio

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Anterior edición da Semana da Poesía Salvaxe
Anterior edición da Semana da Poesía Salvaxe ESTEVO BARROS

Haberá encontros ata o sábado no Ateneo, bares, mercados e a lancha da ría

27 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de 15 anos de celebración libertaria, a Semana da Poesía Salvaxe inicia hoxe a súa última edición por falta de apoios institucionais. Os organizadores, os bardos Karlotti e Guillermo Ferrández, definen esta cita como «un encontro de poetas para situar de novo a Ferrol como centro da creación poética nacional e internacional, e desdobrar a cidade dos guindastres en extinción».

Despois do manifesto inaugural, este xoves ás 18.30 horas haberá o encontro de Sol Mariño e Anxos Angueira no Ateneo. E xa ás 20.30 no pub Cuerda Floja, actuarán O Leo Arremecághona, Luix Kaf, Fer Patinho e Helga Méndez. O venres as intervencións irán polo mercado de Recimil, Artábria e Manchita Cosa. E o sábado, a festa culminará cun paseo pola ría na lancha Rías Altas I co lema A adorable derrota.