A autora Arantza Portabales traerá á Central Librera este venres a súa última novela

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

A escritora Arantza Portabales
A escritora Arantza Portabales XOAN A. SOLER

Presentará ante os seus lectores 'O home que matou a Antía Morgade' (Galaxia)

05 abr 2023 . Actualizado a las 00:29 h.

Unha das grandes voces da literatura negra en Galicia chegará este venres a Ferrol para presentar a súa última novela. Arantza Portabales estará cos seus lectores ás 19.30 horas na Central Librera Real (rúa Real) xunto co libro O home que matou a Antía Morgade (Editorial Galaxia).

A escritora estára con David Justo Blanco, da propia Central Librera, e coa libreira e asesora de lectura Bárbara Dopico.

Despois dos éxitos de Beleza Vermella e A vida segreda de Úrsula Bas, Arantza Portabales parte agora da seguinte situación. No Santiago de Compostela actual, seis amigos quedan para cear despois de vinte anos sen verse. E durante o espectáculo de fogos artificiais do Apóstolo, un deles acabará morto dun disparo. A resolución do crime correrá a cargo do inspector Santiago Abad e da subinspectora Ana Barroso.