Maquinarias Teatro leva ?Que din as rumorosas? ata o Jofre

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Obra 'Que din as rumorosas' de Maquinarias Teatro
Obra 'Que din as rumorosas' de Maquinarias Teatro Cedida

A representación será o 23 de marzo ás 20.30 horas

16 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

  A compañía ferrolá Maquinarias Teatro estrea o 23 de marzo (20.30 horas) a obra Que din as rumorosas no teatro Jofre. Trátase dunha «comedia coral sobre como ser artista e muller, con cinco actrices e unha bailarina que navegan con seis artistas galegas nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos».

 No elenco participan Marian Rei (Maruxa Villanueva), Helga Méndez (Maruja Mallo), Eugenia Sanmartín (Eugenia Osterberger), Caterina Barro (Bella Otero), Cristina Mariño (Mercedes Mariño), e Carmen Cotelo (María a Balteira). A dirección artística corresponde a Paula Carballeira, e a obra logrou o IV Premio Luisa Villalta da Deputación.