
As agrupacións xa poden apuntarse ata o 15 de febreiro
27 ene 2023 . Actualizado a las 11:03 h.O entroido de Fene xa ultima preparativos, coa apertura do prazo de inscrición para as comparsas que queiran participar no desfile e festival na praza do alcalde Ramón José Souto González. A festa celebrarase o mércores 22 de febreiro. As agrupacións interesadas en apuntarse xa poden facelo, segundo indicou onte o concello, no rexistro municipal ata as 14.00 horas do mércores 15 de febreiro. Así optarán ás axudas que establece o Concello de Fene, con bases publicadas na web municipal, «para fomentar a participación da veciñanza nos actos do entroido». A celebración terá lugar especialmente nos días 21 e 22, este último como festivo local. Ese martes de entroido, ás 18.00 horas terá lugar unha festa infantil de La Guagua con reparto de lambetadas entre todos os nenos asistentes. Pola noite a partir das 21.00 horas, actuará en verbena a orquestra Panamá e despois sesión de DJ.
Xa no Mércores de Cinza, as comparsas concentraranse ás 17.30 horas no barrio de Perlío, para iniciar a partir desa zona un percorrido que irá pola Rúa San Salvador, Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais ata chegar á Avenida do Concello.