O Casino Mugardés presentará un libro sobre cogomelos

La Voz MUGARDOS / LA VOZ

FERROL

Cogomelos nunha feira da comarca
Cogomelos nunha feira da comarca ANGEL MANSO

Será o 10 de febreiro, co autor José Luis Cuba Crespo

27 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O libro Cogomelos da comarca de Ortegal, de José Luis Cuba Crespo, presentarase o 10 de febreiro ás 19.00 horas no Casino Mugardés.

Segundo informou a concelleira de Cultura, Begoña Roldós, ao acto asistirán como poñentes o lugués autor da obra, ademáis do cociñeiro vinculado ao mundo da micogastronomía Antonio Díaz Calvo, e o funcionario do patrimonio cultural Luis Antonio Vázquez Estévez.

Segundo indica a concelleira de Cultura, «este tipo de eventos axúdanos a poñer en valor os cogomelos, un producto dos nosos montes, desde diferentes perspectivas».

Como explica Begoña Roldós, este suculento mundo dos cogomelos abordarase no libro «desde o seu aproveitamento gastronómico ata o seu papel como elemento impulsor do turismo».